REMEMBER SALPEPER: NOVEMBRO 2019

O gato Mefistófeles, facer amiguis que xa coñecía, choiva, estudar pola noite, un chocolate con mami, trans-chalktivism, té, unha hamburguesa con Chente, ler o posible, un puñazo falso no ollo, café, unha tarefa atrasada e imposíbel, unha casa de acollida, a dirección da escena no século XXI, confesións en casa allea, un pouquiño de Roller Derby, maquillaxe, unha comida en familia, ensaios de MAdA, Jemery e camas, Uxi, bágoas despois dunha charla, unha mami na casa de papi, paseos pola mañá coa Lúa, dous aniversarios, o De Catro e outros cafés, palomitas, unha lectura express e a cama de Paola, entre outras cousas. Iso foi NOVEMBRO (2019), e compártoo na décimo sétima entrega de REMEMBER SALPEPER.



Comentarios