Comentario: A ditadura de Primo de Rivera — Historia de España

Durante os anos vinte había en España un goberno liberal presidido por García Prieto que non agradaba nin ó rei, nin á Igrexa nin ó exército. Este último grupo estaba desavenido pola búsqueda de responsables propiciada polo Expediente Picasso tras o desastre de Annual (1921). Miguel Primo de Rivera daría 1923 un golpe de Estado, cuxo principal fin foi evitar o avance da investigación militar e frear as reformas liberais.


            O primeiro texto, un Manifesto do ditador, foi a xustificación que ofreceu ao pobo español no que denigra ós gobernos anteriores e preséntase como a salvación da nación. Comezará por conseguinte un Directorio militar, apoiado pola alta burguesía, unha parte da clase media, o exército e ata o rei Alfonso XIII (que evita desta maneira ser investigado polo seu papel na desgraza da Guerra de Marrocos). O resto da poboación mostrou indiferenza, pois pensaron que a ditadura a instaurar sería unha solución meramente temporal á crise, e non un estado permanente. Dende 1923 ata 1925, co duro sistema de goberno establecido, si que creouse unha sólida oposición formada pola burguesía catalá, tras a prohibición da Mancomunidade; polos intelectuais e estudantes, por expulsar a Unamuno e pechar o Ateneo de Madrid; etc.


            Como se pode apreciar no segundo texto, en 1925, tras reformas do ditador que agradaron ó pobo e a vitoria en Marrocos tras a alianza con Francia, instaurouse un Directorio Civil igual de duro pero mellor organizado que cedería protagonismo ós civís fronte ós militares, intentando aparentar unha volta á unha “normalidade” que duraría ata 1930. As Cortes continuarían estando pechadas e a Constitución de1876 suspendida. Outras características deste novo sistema son as seguintes: Instaurouse unha economía inspirada no fascismo italiano que foi favorable grazas á conxuntura internacional, investiuse en obras públicas, e protexeuse á industria. José Calvo Sotelo (ministro de Facenda) e Eduardo Aunós (ministro de Traballo) foron auxiliares de Primo de Rivera cando este fora proclamado como presidente do goberno, e no terceiro texto, o primeiro citado explica nun documento histórico-circunstancial como o ditador pretendeu aproveitar a boa situación económica europea dos “felices anos vinte” para mellorar a interior mediante, principalmente, a concesión de grandes monopolios estatais (Telefónica, Campsa...).

            No cuarto texto figura a mellora de diversos sectores durante este período pero, por outra banda, España non se librou da crise mundial do final da década, pois o forte proteccionismo mantivo a produción do país a un nivel pouco competitivo. E as dificultades non foron unicamente económicas, senón que tamén afectaron ó ámbito político, xa que a ditadura perdeu seguidores. Había un gran descontento social xeral, e a principios de 1930 Primo de Rivera dimitiu, sendo seu substituto o xeral Berenguer, que estableceu unha “ditabranda” baixo o desexo do rei de volver a un réxime constitucional.

            Con todo iso sucedendo arriba, abaixo os republicanos, os socialistas e os intelectuais acordaron o Pacto de San Sebastián (1930), para idear alternativas á desprestixiada monarquía, e creouse, ademáis, un Comité Revolucionario. A situación no país era devastadora, segundo afirma Ángel Ossorio no último texto: o bo que o Estado español podería ter estaba esnaquizado, e os males seguían latentes. En 1931 declarouse a Segunda República Española (14 de abril de 1931), e o mencionado comité estableceríase como Goberno provisional; o rei exiliouse tras o facilmente visible deterioro do sistema que apoiara. 


Comentarios