Comentario: Crise da Restauración — Historia de España
A finais do
reinado de Fernando VII todas as colonias americanas estaban independizadas coa
excepción de Cuba e Porto Rico, e así mantívose ata principios do século XIX,
cando España dispoñía, ademáis, de Filipinas e outras pequenas illas no
Pacífico. Entre esta relativamente pequena cantidade de territorios, Cuba era o
que máis intereses e negocios producía, destacando no sector da agricultura de
plantación para exportación, que aportaba unha gran cantidade de ingresos. A
pesar disto, recibía un trato colonial, é dicir, o pobo cubano non tiña
dereitos ta.es como os dos españois.
Unha guerra
estoupou tras o incompremento da xa firmada Paz de Zanjón (que tivera o fin de
acabar coa Guerra dos Dez Anos), a imposición do Arancel Cánovas e o apoio
estadounidense á illa a tratar. José Martí, fundador do Partido Revolucionario
Cubano, foi a figura máis importante xunto cos dirixentes militares Antonio
Maceo e Máximo Gómez. España respondeu á insurrección seguiu dúas correntes:
Por unha parte optouse polo diálogo, e por outra pola represión. Foi o xeral
Weyler quen encabezou esta última, sendo o seu obxectivo o de illar ós rebeldes
– diversos castigos forno impostos, e a poboación alcanzou un nivel alto de
sufrimento.
Outra vítima máis
sería, en certa maneira, os soldados que foron enviados a Cuba que, como unha
peza a sacrificar nunha partida de xadrez, rematarían morrendo por unha
circunstancia ou outra, tal e como vemos no texto primeiro no balance oficial de
mortos en 1898. Estes homes, independentemente do seu nivel militar, morreron
na súa maioría por febre amarela ou outras enfermidades. Así pois, a derrota é
entendible, xa que os insurxentes cubanos estaban moito máis adaptados á loita
en zonas tropicais. O asunto remataría cando Sagasta, tras a morte de Cánovas,
inicia unha estratexia de conciliación e, entre outras cousas, declara que Cuba
deixará de pertencer a España mediante o Tratado de París, cedendo as súas
colonias a EEUU.
Regresando á
Península Ibérica atopámonos cun novo monarca a principios do século XX: Alfonso
XIII, sucesor de Alfonso XII a partir de 1902, cuxos primeiros anos de reinado
estiveron marcados por un intento de modernización e rexeneración, polo que
pedíase o fin do caciquismo e o falseamento electoral, todavía persistente tras
sesenta anos, tal e como indica no segundo texto Joaquín Costa, no que se alega
que o sistema de goberno non é máis que falsedade a derrocar, tanto desde
dentro coma fora do goberno: deuse un reformismo conservador e outro liberal.
Alfonso XIII sendo Alfonso XIII. |
Na oposición
política desenvolveuse o republicanismo, o xaimismo, a nacionalismo vasco e o
catalán, o galeguismo, o valencianismo, o aragonesismo e o andalucismo. O ano 1917
foi unha época de crise na que se fixo unha folga xeral para protestar polo
empeoramento do nivel de vida a causa da Primeira Guerra Mundial que foi
convocada pola CNT e a UGT. A parte do conflito obreiro, deusa un militar a
causa do desacordo co sistema de ascensos. Os partidos opositores reuníronse
nunha Asamblea de Parlamentos convocada pola Lliga Regionalista, onde situamos
o terceiro texto. Primeiro exprésase o desexo de autonomía en Cataluña para
continuar cunha proposta de descentralización do Estado, e para que isto fora
posible reclamouse a celebración de Cortes. O goberno fixo frente a isto (e a
conflitos obreiros e militares) dunha maneira represiva que conseguiu alargar o
sistema da Restauración tal e como estaba uns anos máis.
No cuarto e
último texto trátase dunha maneira despectiva a figura de Alfonso XIII por
parte de Arturo Barea, que tras o acontecido na Guerra de Annual (sobre a que
falarei a continuación), non daba unha boa opinión pública. No verán de 1921 as
tropas españolas pretenderon ocupar máis territorio africano pero, sen embargo,
o xeneral Silvestre, a cargo da tarefa co plácet do rei, dirixiuna e
planificouna mal, polo que a derrota materializouse nos máis de 13000 mortos no
exército español (“a carne de galiña é barata”) en enfrontamentos coa harka
dirixida por Abd el-Krim. Este desastre xerou unha investigación militar
presidida polo xeneral Picasso e impulsada por republicanos e socialistas, que
buscou o abandono de Marrocos e o nomeamento dos responsables dos feitos: un
destes sería o rei. Cando ía revelarse o informe (coñecido como “Expediente
Picasso”), deuse o golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923, impedindo dita
acción.
Comentarios
Publicar un comentario