Heiner Müller: Características + Pastiche


As pezas teatrais de Heiner Müller conforman unha paisaxe coral de voces nun relato non-lineal e fragmentario (colaxe), e albergan un conflito controlador. As características atopadas na súa obra completa son:

Procura do impacto no público mediante imaxes e accións metafóricas
Presenza de saltos temporais –“O tempo pasou, non así os conflitos”–

—Emprego de citas e referencias culturais
—Personaxes…
...caracterizados polo sexo, a idade, a fisionomía, a roupa ou un obxecto
...tipificados segundo a clase social, o oficio, a ideoloxía, a xeración, etc.
...caricaturizados
          ...alegóricos
          ...figura
          ...que reflexan estamentos
          ...estilizados/poetizados e non-realistas
—Rebaixamento do heroe
—Recorrencia da procacidade –desvergoña, insolencia, atrevemento– e humor escatolóxico
—Retratos sociolóxicos
—Plasticidade (das imaxes)
—Emprego de longos monólogos de vez en cando
—Uso da ironía e da crueldade
—Primacía da palabra e do conflito a través dela
—Didascalias poderosas
—Hibridación: Épica, lírica e drama

Ausencia de lóxica causal (mais non é aleatorio)
—Enumeracións sen nexos
Disposición persoal de versos, barras, maiúsculas
~
Exercicio realizado por Iria Aboal Díaz, alumna de 1º de Dirección e Dramaturxia da ESADg no curso 2018/2019 para a asignatura de Escrita dramática II:
AS REVOLTAS

FEMINAZI

Rúa. Vestidas con túnicas negras, mulleres congregadas.

MULLER 1. Non somos amas de casa,
        xoguetes,
        nais e fillas de papá...
MULLER 2. Nin vaxinas.
MULLER 3. Non máis nais, esposas e irmás!
        Destruamos as familias!
MULLER 4. Abaixo o cisheteropatriarcado!
MULLER 5. Lume, lume!
MULLER 1. Traédeo.
MULLER 4. Debemos votalo primeiro.
        Todas a favor?

Todas asenten. Dúas mulleres saen e volven cun home atado de pes e mans a un pau de metal.

MULLER 5. Es un violador de merda.

As mulleres que teñen vaxina sacan dagas dela e, as que non, do cú.

MULLER 11. Cantas veces te deron consentemento?

Antes de que poida respostar, as mulleres apuñálano e mátano.

VOZ. Recuperan a NOITE.




QUEER

Pub en Nova York Linde pechada Tacón
Bicho de pau

Mexo nas paredes Cristais rotos

NON TEÑO SITIO NESTA RINGLEIRA Tres prendas
Ningunha disimula o rabo Drogas vómito nos baños
das raíñas e reis e etcétera
CAUGHT IN A LANDSLIDE
NO ESCAPE FROM REALITY
NON ME TOQUES MADEIRO CABRÓN
Que nas rúas perduran loita e uñas dos anxos borrachos
Ata menores e sen identificar
Águias de mirada fría e punto
Toca entrepernas Co meu zapato na man
    só espera ver escoitar
O tanga do sábado noite Protuberancia
Máis grande ca un clítoris Ó cárcere
Os boios saen baratos
Voan os centavos de volta
Agradecidos polo estiércol
O fogar propio con ventás esnaquizadas
ARRÁNCASE A POSTILLA E QUEDA
COAS TETAS TODAS PODEMOS

Pé espido Queda
Sylvia na noite lume ascende
Stonewall ilumina




ANARCA

Beirarrúa. Unha conglomeración de protestantes fala entre si e móvese sen orde. Hai todo tipo de persoas: mulleres, homes, vellas, novas, caucásicas, árabes, negras, xudeas, traballadoras, paradas, baixas, altas, feas, guapas... Escoitanse pasos cada vez máis fortes acercándose.

VOCES. Xa chegan!

Todo o xentío senta no chan dun carón ó outro da beirarrúa agarrándose polos cóbados. Aparece un corpo policial con traxes cubertos con parches de patrocinios de grandes empresas: Google, Coca-Cola, PepsiCo, Nestlé, Apple, Microsoft, Inditex… Cargan bolsas de plástico, e delas sacan hamburguesas dunha cadea de comida rápida; lánzanas sobre o xentío. Unhas poucas manifestantes conseguen unha e comeza a comer; os policías aproveitan para afastalos cargándoas no ombreiro. Ofrecen máis hamburguesas, mais ninguén se move. Desta vez sacarán subscricións gratuitas a Netflix por valor dun ano. Outro par de persoas érguense e o corpo policial repite a operación. Aínda queda xente sentada que impide a normal circulación da beirarrúa. Os policías volven ofrecer a carne e as subscricións, o pan e o circo; ó non obter resposta, empezan a arrastrar á forza ás protestantes, que se retorcen e berran.
Unha muller fai o amago de marchar correndo.

MULLER NEGRA. (Agarra o brazo da muller branca que ten ó seu carón.) Onde vas? Non te deixes enganar.

MULLER BRANCA. Sei o que ven agora.
        Vanse poñer violentos. Non merece a pena.
MULLER NEGRA. Espera e dime: Hai algo máis violento ca que me prohibiran abortar? Ca que me obrigaran a criar a un churumbel eu soa? O patriarcado si que é violencia, amiga.
        O capitalismo, a privatización e os recortes. 
        A nosa monarquía e suposta democracia herdadas do fascismo.
        A corrupción e as mentiras.
        Iso é máis violento ca un golpe da porra, e por iso todas e todos temos que LOITAR aquí.

           
Aparecen máis policías; vislúmbrase a un cheeto con perruca loira.

MULLER NEGRA: Por todo o que nos fan, amiga. Este é o momento.

As poucas protestantes que quedan abalánzanse contra o novo grupo e xéranse uns instantes de movemento e caos totais. A barreira policial recomponse sen que ninguén alcance o centro, e fuxe protexendo ao cheeto con perruca loira. As protestantes corren detrás.

CHEETO. (Escóitase ó lonxe.) GRAB THEM BY THE PUSSY.

Golpes e berros. Sendo arrastradas polas bragas sobre o asfalto, as protestantes volven a aparecer; cada unha está sometida a un policía. Choran.

Comentarios