Comentario: A ditadura de Primo de Rivera — Historia de España
Durante
os anos vinte había en España un goberno liberal presidido por García Prieto
que non agradaba nin ó rei, nin á Igrexa nin ó exército. Este último grupo
estaba desavenido pola búsqueda de responsables propiciada polo Expediente
Picasso tras o desastre de Annual (1921). Miguel Primo de Rivera daría 1923 un
golpe de Estado, cuxo principal fin foi evitar o avance da investigación
militar e frear as reformas liberais.
O primeiro texto, un Manifesto do
ditador, foi a xustificación que ofreceu ao pobo español no que denigra ós
gobernos anteriores e preséntase como a salvación da nación. Comezará por
conseguinte un Directorio militar, apoiado pola alta burguesía, unha parte da
clase media, o exército e ata o rei Alfonso XIII (que evita desta maneira ser
investigado polo seu papel na desgraza da Guerra de Marrocos). O resto da poboación
mostrou indiferenza, pois pensaron que a ditadura a instaurar sería unha
solución meramente temporal á crise, e non un estado permanente. Dende 1923 ata
1925, co duro sistema de goberno establecido, si que creouse unha sólida
oposición formada pola burguesía catalá, tras a prohibición da Mancomunidade;
polos intelectuais e estudantes, por expulsar a Unamuno e pechar o Ateneo de
Madrid; etc.
Como se pode apreciar no segundo
texto, en 1925, tras reformas do ditador que agradaron ó pobo e a vitoria en
Marrocos tras a alianza con Francia, instaurouse un Directorio Civil igual de
duro pero mellor organizado que cedería protagonismo ós civís fronte ós
militares, intentando aparentar unha volta á unha “normalidade” que duraría ata
1930. As Cortes continuarían estando pechadas e a Constitución de1876
suspendida. Outras características deste novo sistema son as seguintes:
Instaurouse unha economía inspirada no fascismo italiano que foi favorable grazas
á conxuntura internacional, investiuse en obras públicas, e protexeuse á
industria. José Calvo Sotelo (ministro de Facenda) e Eduardo Aunós (ministro de
Traballo) foron auxiliares de Primo de Rivera cando este fora proclamado como
presidente do goberno, e no terceiro texto, o primeiro citado explica nun documento
histórico-circunstancial como o ditador pretendeu aproveitar a boa situación
económica europea dos “felices anos vinte” para mellorar a interior mediante,
principalmente, a concesión de grandes monopolios estatais (Telefónica,
Campsa...).
No cuarto texto figura a mellora de
diversos sectores durante este período pero, por outra banda, España non
se librou da crise mundial do final da década, pois o forte proteccionismo
mantivo a produción do país a un nivel pouco competitivo. E as dificultades non
foron unicamente económicas, senón que tamén afectaron ó ámbito político, xa
que a ditadura perdeu seguidores. Había un gran descontento social xeral, e a
principios de 1930 Primo de Rivera dimitiu, sendo seu substituto o xeral Berenguer,
que estableceu unha “ditabranda” baixo o desexo do rei de volver a un réxime
constitucional.
Con todo iso sucedendo arriba,
abaixo os republicanos, os socialistas e os intelectuais acordaron o Pacto de
San Sebastián (1930), para idear alternativas á desprestixiada monarquía, e
creouse, ademáis, un Comité Revolucionario. A situación no país era
devastadora, segundo afirma Ángel Ossorio no último texto: o bo que o Estado
español podería ter estaba esnaquizado, e os males seguían latentes. En 1931
declarouse a Segunda República Española (14 de abril de 1931), e o mencionado
comité estableceríase como Goberno provisional; o rei exiliouse tras o
facilmente visible deterioro do sistema que apoiara.
Comentarios
Publicar un comentario