Comentario: Crise da Restauración — Historia de España


A finais do reinado de Fernando VII todas as colonias americanas estaban independizadas coa excepción de Cuba e Porto Rico, e así mantívose ata principios do século XIX, cando España dispoñía, ademáis, de Filipinas e outras pequenas illas no Pacífico. Entre esta relativamente pequena cantidade de territorios, Cuba era o que máis intereses e negocios producía, destacando no sector da agricultura de plantación para exportación, que aportaba unha gran cantidade de ingresos. A pesar disto, recibía un trato colonial, é dicir, o pobo cubano non tiña dereitos ta.es como os dos españois.

          Unha guerra estoupou tras o incompremento da xa firmada Paz de Zanjón (que tivera o fin de acabar coa Guerra dos Dez Anos), a imposición do Arancel Cánovas e o apoio estadounidense á illa a tratar. José Martí, fundador do Partido Revolucionario Cubano, foi a figura máis importante xunto cos dirixentes militares Antonio Maceo e Máximo Gómez. España respondeu á insurrección seguiu dúas correntes: Por unha parte optouse polo diálogo, e por outra pola represión. Foi o xeral Weyler quen encabezou esta última, sendo o seu obxectivo o de illar ós rebeldes – diversos castigos forno impostos, e a poboación alcanzou un nivel alto de sufrimento.

          Outra vítima máis sería, en certa maneira, os soldados que foron enviados a Cuba que, como unha peza a sacrificar nunha partida de xadrez, rematarían morrendo por unha circunstancia ou outra, tal e como vemos no texto primeiro no balance oficial de mortos en 1898. Estes homes, independentemente do seu nivel militar, morreron na súa maioría por febre amarela ou outras enfermidades. Así pois, a derrota é entendible, xa que os insurxentes cubanos estaban moito máis adaptados á loita en zonas tropicais. O asunto remataría cando Sagasta, tras a morte de Cánovas, inicia unha estratexia de conciliación e, entre outras cousas, declara que Cuba deixará de pertencer a España mediante o Tratado de París, cedendo as súas colonias a EEUU.

          Regresando á Península Ibérica atopámonos cun novo monarca a principios do século XX: Alfonso XIII, sucesor de Alfonso XII a partir de 1902, cuxos primeiros anos de reinado estiveron marcados por un intento de modernización e rexeneración, polo que pedíase o fin do caciquismo e o falseamento electoral, todavía persistente tras sesenta anos, tal e como indica no segundo texto Joaquín Costa, no que se alega que o sistema de goberno non é máis que falsedade a derrocar, tanto desde dentro coma fora do goberno: deuse un reformismo conservador e outro liberal.

Alfonso XIII sendo Alfonso XIII.

          Na oposición política desenvolveuse o republicanismo, o xaimismo, a nacionalismo vasco e o catalán, o galeguismo, o valencianismo, o aragonesismo e o andalucismo. O ano 1917 foi unha época de crise na que se fixo unha folga xeral para protestar polo empeoramento do nivel de vida a causa da Primeira Guerra Mundial que foi convocada pola CNT e a UGT. A parte do conflito obreiro, deusa un militar a causa do desacordo co sistema de ascensos. Os partidos opositores reuníronse nunha Asamblea de Parlamentos convocada pola Lliga Regionalista, onde situamos o terceiro texto. Primeiro exprésase o desexo de autonomía en Cataluña para continuar cunha proposta de descentralización do Estado, e para que isto fora posible reclamouse a celebración de Cortes. O goberno fixo frente a isto (e a conflitos obreiros e militares) dunha maneira represiva que conseguiu alargar o sistema da Restauración tal e como estaba uns anos máis.


          No cuarto e último texto trátase dunha maneira despectiva a figura de Alfonso XIII por parte de Arturo Barea, que tras o acontecido na Guerra de Annual (sobre a que falarei a continuación), non daba unha boa opinión pública. No verán de 1921 as tropas españolas pretenderon ocupar máis territorio africano pero, sen embargo, o xeneral Silvestre, a cargo da tarefa co plácet do rei, dirixiuna e planificouna mal, polo que a derrota materializouse nos máis de 13000 mortos no exército español (“a carne de galiña é barata”) en enfrontamentos coa harka dirixida por Abd el-Krim. Este desastre xerou unha investigación militar presidida polo xeneral Picasso e impulsada por republicanos e socialistas, que buscou o abandono de Marrocos e o nomeamento dos responsables dos feitos: un destes sería o rei. Cando ía revelarse o informe (coñecido como “Expediente Picasso”), deuse o golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923, impedindo dita acción.

Comentarios