Comentario: Restauración borbónica – Historia de España


        Os textos que preséntansenos a tratar relaciónanse entre si por pertencer á época coñecida como a “Restauración borbónica”, que comeza tras o pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto datado no 29 de decembro de 1874 a prol de establecer a Alfonso XII, fillo de Isabel II, como novo rei de España, pois este puxérase a disposición do pobo español no Manifesto de Sandhurst. Destacará na época, ademáis, o novo sistema político que establecerase e do que falarase a máis adiante.

        No documento 1 –escrito en realidade por Cánovas–, o que será o novo rei acepta a existencia dunha constitución moderada e, polo tanto, a non ser el quen tome as grandes decisións do país segundo a súa conveninecia, que define como “arbitraria”; a Coroa está por enriba todavía, sen embargo.

        No documento 2 móstrasenos ideas esenciais que conformaron a Constitución de 1876. Seguindo a orde establecida no texto, nela recoñeceuse o catolicismo como relixión oficial do Estado español, mais toleráronse outras relixións sempre que profesáranse no ámbito privado. Asignáronlle á Igrexa privilexios na ensinanza e na moral social e mantiveron o orzamento para o seu sostemento. No respectivo ao poder lexislativo, este recaía no rei e nas Cortes, estando estas formadas polo Congreso e o Senado; os electores elixían ao primeiro, pero no segundo soamente tiñan voto parcial – o sufraxio era censitario e afectaba ao 3% da poboación ao principio, pero en 1890 sería universal e masculino. O poder executivo estaba en mans do monarca, que nomeaba e cesaba ao goberno (controlado polas Cortes).

        O sistema de goberno na época era bipartidista, é decir, había dous partidos que alternábanse para evitar pronunciamentos militares. Como exponse no documento 3, destacaron o partido conservador de Cánovas e o partido Liberal de Sagasta, que concidían na defensa da monarquía, da Constitución e da propiedade privada. Os cambios de goberno dábanse cando víase convente un cambio de partido, e o proceso a seguir era o seguinte: O Rei chama á oposición a gobernar e entrégalle un decreto de disolución das Cortes co fin de conseguir a marioría parlamentaria. Desta maneira, todos os partidos tiñan representación e o sistema aparentaba funcionar.

        O réxime na Restauración caracterizábase por un sistema electoral corrupto no que dábase o caciquismo e o proceso do encadramento do Ministerio de Gobernación. O primeiro consistía na influenza exercida pola figura do cacique (criticada no texto 4) sobre os electores, converténdose no intermediario entre o Estado a a comunidade. Habituaban a ser xente con poder ou autoridade. Por outra parte, o ministro de gobernación, poñendo en funcionamento o encadramento, facía unha lista de candidatos que o Goberno tiña previsto que resultasen elexidos. Posteriormente, os caciques, sendo estes criticados no documento 4, desenvolverían súa función.


        O fraude electoral era levado a cabo fácilmente a causa da pouca participación permitida polo sufraxio censitario. Os recursos para o non-impedimento dos cambios no Goberno foron a suplantación de persoas, o soborno... e ata chegouse á preparación de urnas alternativas para ter o sistema asegurado. O intervencionismo do pobo español da época era unha ilusión, como exprésase no último texto.


Comentarios