Comentario: "La libertad guiando al pueblo" y "Entierro en Ornans" – Fundamentos da Arte II (CIUG)

          O comentario que dispóñome a realizar consiste na comparativa das seguintes obras: “La libertad guiando al pueblo”, de Delacoix e “Entierro en Ornans”, de Coubert. A primeira é unha obra romanticista, dátase en 1830 e a técnica empregada é o óleo sobre lenzo. Por outra parte, a segunda de estilo realista, que rematouse en 1849, utiliza óleo sobre tea.




        No século XIX houbo cuantiosos cambios económicos, políticos, sociais e ideolóxicos que afectaron ao mundo das artes. A Revolución industrial difundiuse por Europa, estendendo o capitalismo e a industrialización coa que a burguesía enriqueceuse e converteuse nunha clase social que demandou maior participación política. En contraposición, as clases baixas toman conciencia da súa condición e  iníciase o movemento obreiro, tendo como principais ideoloxías o socialismo e o anarquismo á hora de pretender conseguir máis xustiza social; outra clase de revolucións (1820, 1830, 1848) foron as exitosas liberais en contra da restauración monárquica que levarían a estados liberais parlamentarios.

        Sendo este tempo de nacionalismos, houbo tanto vertentes unificadoras (Alemaña, Italia) como independentistas (Grecia), e como norma xeral en Europa, a maioría dos países loitaron entre si polo control de territorios e recursos noutros continentes a causa da mencionada industrialización. Tamén deuse un grande desenvolvemento científico e tecnolóxico cos consecuentes inventos (teléfono, telégrafo…). En canto a cultura e arte, destacaron a cidade de Paris como centro artístico en Europa e novas formas de expresión artística como a fotografía ou o cine. 

        Alzaranse na época moitos movementos artísticos: fronte ao Neoclasicismo xurdirá nas primeiras décadas do século XIX o Romanticismo, que fará surxir ao Realismo na segunda metade do século XIX, e máis tarde o Impresionismo, o Postimpresionismo, e diversos revivals e historicismos. Seguindo o caso concernente, a pintura romanticista caracterízase pola valoración da creatividade e a orixinalidade, a importancia da cor e as luces, as pinceladas expresivas, as composicións dramáticas (posicións convulsas con xestos dramáticos), a expresividade dos habituais paisaxes e os temas recurrentes das costumes e o folklore, os retratos, a historia, a literatura de diferentes épocas e autores e as ruinas.

        Delacroix caracterízase pola pincelada solta, a riqueza de cores, o dinamismo, as composicións diagonais e os temas dramáticos – respecto a isto último, o artista elixiu momentos tensos e expresivos e implicouse nos feitos históricos da súa época. Coubert viviu variados feitos históricos na súa vida, destacando a revolución de 1848, a creación do proletariado e a ideoloxía socialista influiron nel e na súa obra que, destacando “El taller del pintor”, mostraríase innovadora e certamente escandalosa de cara á sociedade polo seu antiacademismo, por exemplo, no seu empeño no naturalismo. Habituaba escoller temas e personaxes da realidade cotiá, considerandoos dignos de grandes formatos.

        Na destacada obra de Delacroix “La libertad guiando al pueblo” estase representando o levantamento do pobo francés en contra do absolutismo no que o artista formou parte. Unha muller cun torso espido (alusión ás musas gregas) e coa bandeira francesa fai unha alegoría sobre a liberdade, conducindo ós revolucionarios de diversas clases sociais, de campesiños a burgueses, pertencendo Delacroix a esta última, de aí que, imitando a Velázquez, apareza el no cadro máis preto á liberdade. A historia coa obra de Coubert tamén ten o motivo da unión entre persoas cun mesmo motivo, ainda que no caso anterior tratábase de facelo en oposición a algo. En “Entierro en Ornans” preséntasenos, como ben di o título, un enterro que, crese, é do avó materno do pintor, ao que, segundo aparece representado, asisten persoas diversas da comunidade. Soamente a segunda peza é un retrato colectivo (na de Delacroix o único retrato recoñecible é o do propio autor).

        Comezando a facer unha análise dos aspectos formais, a pintura de Delacroix a tratar consta dunha composición aberta e piramidal –véxanse as cabezas dos cadáveres e a muller–. As figuras do primeiro plano (as demáis son menos distingibles), teñen poses heroicas que aportan dramatismo á composición, na que é complicado atopar liñas rectas ou figuras estáticas. As cores empregadas, empastadas e fortes, teñen tonalidades escuras e ocres, estando ao cargo da luminosidade da peza aquela luz que procede do lado esquerdo e que fai destacar aos personaxes que mostran a unión do pobo. No fondo dáse perspectiva aérea. No cadro de Coubert, o primeiro plano ocúpao a fosa do morto, e no segúndo sitúase o xentío que está dividido en grupo dos eclesiásticos, homes e mulleres –ao público de entón non lle gustou a non-idealización no xentío propia do romanticismo. A composición baséase nas liñas, sendo estas verticais (personaxes e a cruz) e horizontais (acantilados do fondo). A gama de cores é menos viva que na pintura a tratar de Delacroix, pois a temática é dun carácter máis triste aída que igual de dramático, pero non faise pesado grazas á utilización do branco –o resto da paleta son cores ocres ou apagados–. O anterior ven acompañado dunha luz tenue que ven dende o espectador.

        “La libertad guiando al pueblo” fixo propaganda da revolución liberal, e as súas influencias veñen de mans de Goya, principalmente, debido a que o pobo é o protagonista do cadro. Dista maneira, podería considerarse que, sen ter en conta seu antiacademicismo e súa evasión do arte clásico, ambos artistas a tratar poderían compartir susodita influencia. Por outra banda, Delacroix e Coubert influíron nos impresionistas.

Comentarios